Orixe da mercadoría
Saltar índice da informaciónPara que serve
Desde o punto de vista aduaneiro, cómpre acreditar a orixe dunha mercadoría para a aplicación de medidas de política comercial (continxentes, límites cuantitativos, antidumping, antisubvención, etc.) e de medidas de política arancelaria preferencial (beneficios arancelarios en virtude dos acordos ou réximes preferenciais da CE con determinados países, grupo de países ou territorios).
Dependendo do país de orixe da mercadoría poderase aplicar un tipo arancelario normal ou tipos arancelarios reducidos ou nulos, derivados da concesión de :
- Medidas arancelarias preferenciais contidas en acordos que a Unión Europea celebrase con determinados países ou grupo de países e que prevexan a concesión dun tratamento arancelario preferencial.
- Medidas arancelarias preferenciais adoptadas unilateralmente pola Unión Europea en favor de determinados países, grupos de países ou territorios; por exemplo, o Sistema de Preferencias Xeneralizadas (SPG).
- Medidas autónomas de suspensión que prevexan a redución ou exención dos dereitos de importación aplicable a determinadas mercadorías.
Recóllense nesta páxina os continxentes arancelarios.
Ademais, segundo a orixe da mercadoría, pódese limitar a importación de mercadorías ou suxeitara a certas condicións ou requisitos que deben cumprirse; por exemplo, as medidas que prohiben a importación na Unión Europea por razóns políticas, sanitarias ou de orde pública ou medidas que esixen controis determinados, como certificado sanitario, veterinario, SOIVRE (calidade), etc.