H7- declaración de importación de escaso valor. Probas en produccion para supostos de IOSS e SA para os recintos 9999
Fe de erratas: noticia do día 17 05 2021
onde dicía:
- Se se declara un F48, IOSS, é preciso que o identificador IOSS que se inclúa, sexa un alfanumérico de 12 de lonxitude empezando por un código de país comunitario iso-2, asumindo o sistema que é un identificador válido
debe dicir:
- Se se declara un F48, IOSS, é preciso que o identificador IOSS que se inclúa, sexa un alfanumérico de 12 de lonxitude empezando por IM.
Por conseguinte, a redacción completa é a seguinte (a de día 17 05 2021 será borrada):
Para poder probar en produccion na nova declaración para envíos de escaso valor H7, os esquemas de Import One Stop Shop (IOSS- additional Procedure = F48) e Acordos Especiais (AAEE - additional Procedure = F49), permitirase realizar declaracións H7 de probas IOSS ou AAEE en produccion no recinto 9999. Desta forma:
- Se se declara un F48, IOSS, é preciso que o identificador IOSS que se inclúa, sexa un alfanumérico de 12 de lonxitude empezando por IM.
- Para AAEE, permitirase declarar un F49, asumindo o sistema que existe unha autorización vixente para o declarante no sistema de Decisións.
Ao permitir poder facer estas probas, os operadores poderán realizar a consulta dos datos acumulados para AAEE na SEDE da AEAT. O seu detalle encóntrase na guía do H7 no punto 16.- Descarga Datos acumulados Mensuais SA.