Información para tráfico aéreo sobre os datos a declarar na ENS
A Comisión Europea lembra os operadores económicos a necesidade de cumprir estritamente as instrucións de presentación do ICS2 para garantir o cumprimento dos requisitos legais e evitar posibles atrasos e sancións. Para lograr isto, é esencial que os arquivos ENS proporcionen datos precisos e completos para cada envío tanto a nivel máster como house:
· As mercadorías clasificadas baixas diferentes códigos do Sistema Harmonizado deben declararse por separado na declaración do house.
· O uso de descricións de mercadorías inaceptables que inclúan "descoñecido" ou "non dispoñible", ou información agregada a nivel house, non é aceptable.
· O expedidor segundo o estipulado no coñecemento aéreo do house debe proporcionarse a nivel de house. Esta persoa debe ser diferente do transportista, o axente de carga, o consolidador, a operadora postal ou o axente aduaneiro.
· O destinatario segundo o estipulado no coñecemento aéreo do house debe proporcionarse a nivel de house. Esta persoa debe ser diferente do tranmsportista , desconsolidador, operadora postal ou axente de aduanas.
· A resposta a un requirimento de información ou para un control é obrigatorio.
Comercio electrónico:
· Os datos a nivel de house deben declararse a nivel de cada envío separado de comercio electrónico, incluídos os datos de cada artigo de mercadorías en cada envío. Os datos non poden consolidarse nun só house para todos os envíos cunha descrición xenérica. Por esta razón, os F28 e F29 non se poden utilizar para envíos de comercio electrónico.
· É crucial que os transportistas exerzan a dilixencia debida ao manexar envíos de comercio electrónico, xa que a complexidade destas transaccións pode aumentar o risco de declaración errónea. Se un transportista sospeita que un envío está conectado ao comercio electrónico, é esencial solicitar os datos requiridos para garantir o cumprimento das regulacións aduaneiras. Este enfoque proactivo, tamén aplicable a outros envíos, permite aos transportistas verificar a exactitude e a integridade da información e evitar posibles responsabilidades asociadas coa declaración errónea.
Máis información na nota da Comisión Europea no documento adxunto.