Perfeccionamento activo e Perfeccionamento pasivo
Coñece as exencións de mercadorías non UE utilizadas na transformación de mercadorías na UE e as exencións de produtos transformados fóra da UE con mercadorías da UE
Requisitos que debe reunir o solicitante de Perfeccionamento activo
As condicións que debe cumprir o solicitante do PA son as seguintes:
- Que estea establecido no territorio Aduaneiro da Unión. Non obstante, as autoridades aduaneiras poderán ocasionalmente, cando o consideren xustificado, conceder unha autorización a persoas establecidas fóra do territorio aduaneiro da Unión
- Que ofreza a seguridade necesaria no que fai á boa execución das operacións. Considérase que a OEA de simplificacións aduaneiras cumpren esta condición.
- Que constitúa unha garantía de conformidade co artigo 89 do CAU.
- Que efectúe ou mande efectuar as operacións de transformación das mercadorías.