Saltar ao contido principal
Calendario do contribuínte 2025

Imposto sobre a Renda de non Residentes sen establecemento permanente

Modelo 210. Non residentes sen establecemento permanente. Autoliquidación. Con carácter xeral:

A ingresar, do 1 a 20 de abril, xullo, outubro e xaneiro agás:

  1. Rendas do arrendamento de inmobles, reportadas desde 01.01.2024, con agrupación anual, do 1 ao 20 de xaneiro do ano seguinte ao de devindicación.

  2. Rendas derivadas de transmisións de bens inmobles: no prazo de tres meses unha vez transcorridos o prazo dun mes desde a data da transmisión do ben inmoble.

  3. Rendas imputadas de bens inmobles urbanos: o ano natural seguinte á data de devindicación (31 de decembro de cada ano).

Cota cero, do 1 a 20 de xaneiro do ano seguinte ao de devindicación.

A devolver, desde o 1 de febreiro do ano seguinte ao de devindicación e no prazo de 4 anos desde a fin do período de declaración e ingreso da retención. Rendas de transmisións de inmobles: 3 meses transcorrendo 1 mes desde a transmisión.

Modelo 211. Retención na adquisición de inmobles a non residentes sen establecemento permanente: 1 mes desde a transmisión do inmoble.

Modelo 247. Comunicación voluntaria dos traballadores por conta allea que vaian adquirir a condición de contribuíntes polo Imposto sobre a Renda de  Non Residentes por desprazarse ao estranxeiro. O prazo de presentación dependerá da duración do desprazamento.