Como comprobar o estado de tramitación dun certificado tributario
Podes coñecer o estado de tramitación dun certificado tributario accedendo ao portal personalizado "Os meus Expedientes" da Sede Electrónica. O acceso aos "meus "expedientes" require identificarse co certificado electrónico ou Cl@ve do titular, ou ben estar apoderado para realizar ese trámite concreto.
Desde a pestana "En Tramitación" e "Certificacións", poderás coñecer o estado da tramitación dos certificados solicitados. Ademais, no caso de consultar o certificado por esta vía, poderás acceder tanto á declaración electrónica (resgardo da solicitude en PDF ) como ao certificado tributario.
En caso de incidencia, contacta coa unidade competente que figura no resgardo da súa solicitude, onde poderás comprobar tamén a data e hora en que foi realizada.