Como consultar e descargar un certificado tributario xa expedido
Saltar índice da informaciónDescarga dun certificado xa expedido desde Certificacións tributarias
Pasado o prazo indicado no xustificante da solicitude, unha vez que o certificado tributario fose tramitado pola unidade competente, poderás recollero en nome propio ou mediante apoderamento (GENERALDATPE) por parte do titular, con certificado electrónico, DNIE con lector de tarxetas ou con Cl@ve.
Selecciona o tipo de certificado que vas descargar.
Introduce os datos do titular do certificado, só no caso de que efectúes a recolleita en nome dun terceiro, e o código electrónico da solicitude do certificado, ou ben o intervalo de datas en que se solicitou e que non pode superar o prazo de 1 semana.
Unha vez consignados todos os datos necesarios, aparecerá unha páxina cos datos básicos da solicitude, entre eles o estado de tramitación. Ao final da páxina, se a descarga do certificado xa está dispoñible, encontrarás a ligazón "Prema aquí para recoller o certificado" para acceder ao PDF coa certificación. Cómpre ter instalado un visor de ficheiros PDF.