Como contestar requirimentos, efectuar alegacións e / ou achegar documentos ou xustificantes de certificacións tributarias
O acceso require identificación con Cl@ve, certificado ou DNI electrónico. Cobre os campos requiridos e especifica se a presentación é en nome propio ou en representación de terceiros.
Unha vez cumprimentado o número de expediente accede ao seguinte recadro. Se o dato é erróneo, nunha xanela emerxente advertirase deste feito. Lembra que podes localizar o número de expediente/referencia tanto no xustificante de solicitude da certificación como na propia certificación tributaria.
Se o número de expediente é correcto, a continuación, validarase que o NIF do interesado correspóndase co do expediente.
Por defecto, virá marcada a opción de presentación "En nome propio". Polo tanto, se estás accedendo como colaborador ou apoderado, nunha xanela emerxente indicarase que o interesado non é o mesmo que o que aparece na solicitude do certificado tributario. Acepta o aviso, selecciona o recadro "En representación de terceiros" e indica o NIF do interesado.
A continuación, deberás indicar os datos de contacto. Indica un teléfono de contacto e, adicionalmente, un enderezo de correo electrónico por se cumprise contactar contigo.
Ademais, podes anexar documentación desde a opción "Engadir ficheiros". Ao pulsar aparecerá a xanela para seleccionar os ficheiros que se anexan á contestación. Fai click en "Seleccionar ficheiros" para acceder ao explorador de arquivos e escoller o ficheiro que necesitas anexar. Ten en conta que o arquivo non pode superar os 64 Mb e que debe ter un formato aceptado. Desde a opción "Axuda" podes obter máis información sobre os tipos de ficheiros admitidos.
Unha vez cumprimentados os campos requiridos e achegada toda a documentación necesaria, fai clic en "Presentar".
Se a presentación é correcta, obterás o recibo da presentación cos datos do asento rexistral, do trámite, do interesado, a relación de ficheiros anexados e o CSV asignado á presentación para que o destinatario poida verificar a súa autenticidade e validez.