Solicitude dun certificado de contratistas e subcontratistas
A solicitude do certificado tributario de contratistas e subcontratistas está dispoñible na sede electrónica entrando no apartado "Todas as xestións", "Certificados". O acceso require identificación mediante Cl@ve ou mediante certificado ou DNI electrónico.
Fai click en "Solicitude" e confirma os datos do peticionario. En caso de estar realizando a petición en nome dun terceiro marcarase o recadro "En representación de terceiros" e indicarase o NIF / NIE, apelidos e nome do titular. A continuación, cobre o NIF / NIE, apelidos e nome ou razón social da persoa ou entidade coa que contratas ou subcontratas. Por último, fai clic sobre "Validar solicitude".
Na segunda pestana, confirma os datos rexistrados e pulsa "Asinar Enviar".
A continuación, marca o recadro "Conforme" e pulsa "Asinar e Enviar" para obter o certificado ou o resgardo da solicitude.
Sempre que o resultado do certificado sexa positivo e a solicitude sexa realizada polo interesado en nome propio co seu certificado electrónico ou por un apoderado, poderase recoller de forma inmediata a certificación.
As certificacións realizadas que non se entregan no momento da solicitude poderán recollerse na opción "Estado de tramitación da solicitude "dos trámites habilitados para esta certificación na sede electrónica ou a través de "Consulta de certificados expedidos".
Ademais, no caso de consultar a certificación a través dos "meus "Expedientes" na Área Persoal, poderase acceder tanto á declaración electrónica (resgardo da solicitude en PDF ) como ao certificado tributario. Lembra que o acceso aos "meus "expedientes" require identificarse co sistema Cl@ve, co certificado/DNI electrónico do titular, ou estar apoderado para realizar ese trámite concreto.
Tamén se poderá solicitar a certificación nas oficinas da AEAT mediante a formalización do formulario 01C. Para acudir á Administración a tramitar a certificación cómpre solicitar antes cita.
Se se solicita mediante o modelo 01C, o certificado enviarase ao solicitante atendendo á seguinte prelación:
1. Ao domicilio sinalado para tal fin na solicitude (no caso de solicitudes presentadas nunha Administración da AEAT )
2. Ao domicilio electrónico (Enderezo Electrónico Habilitada) se se subscribise ao Servizo de Notificacións Electrónicas
3. Ao domicilio consignado para os efectos de notificacións nos modelos 030 / 036 / 037
4. Ao domicilio fiscal
Convén ter en conta que, en relación ao formato da certificación, o espazo dedicado ao código de barras, número de comunicación e domicilio a efecto de notificacións situadas na parte superior dereita do documento, pode variar en función da forma de entrega da certificación, non mostrandose estes datos en certos casos.
Lembra que, en calquera dos casos, a autenticidade do documento obtido poderase verificar en calquera momento mediante o Código Seguro de Verificación (CSV) que figura xunto á sinatura electrónica do mesmo, a través do apartado "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación" dispoñible na sede da Axencia Tributaria.