Solicitude dun certificado tributario de operador intracomunitario
Tras identificarche con algún dos medios habilitados (certificado, Cl@ve ou DNI electrónico) e acceder ao formulario de solicitude, unicamente cumprirá cubrir o DNI / NIE e os apelidos e nome en caso de solicitar o certificado en representación de terceiros. En "Tipo de certificación" elixe a opción que se axuste á túa solicitude: "De operador intracomunitario" ou "De operador intracomunicatario histórico (ALTAS/BAIXAS)". Finalmente, pulsa "Validar solicitude".
Confirma os datos e pulsa "Asinar Enviar".
Na seguinte xanela marca o recadro "Conforme" e pulsa de novo "Asinar e Enviar".
A obtención da certificación é inmediata. No paso 3 visualízase o certificado en formato PDF. Pódese visualizar o PDF en pantalla completa facendo clic sobre o botón dispoñible. Se se produce algún problema na visualización, recomendamos instalar un visor de PDF actualizado.
Tamén pode recollerse o certificado desde a opción de "Consulta de certificados expedidos" accedendo coa mesma forma de identificación que se utilizou ao solicitaro.
O certificado tributario pode solicitarse igualmente nas oficinas da AEAT cubrindo o formulario 01, solicitando antes cita para realizar o trámite. Unha vez que fose emitido o certificado, remitirase ao domicilio consignado para os efectos de notificacións/domicilio fiscal, ou ao domicilio electrónico (Enderezo Electrónico Habilitado único).
Convén ter en conta que, en relación ao formato da certificación, o espazo dedicado ao código de barras, número de comunicación e domicilio a efecto de notificacións situadas na parte superior dereita do documento, pode variar en función da forma de entrega da certificación, non mostrandose estes datos en certos casos.
Non obstante, a autenticidade do documento obtido poderase verificar en calquera momento mediante o Código Seguro de Verificación (CSV) que figura xunto á sinatura electrónica do mesmo, a través do apartado "Cotexo de documentos mediante código seguro de verificación" dispoñible na sede da Axencia Tributaria.