Consulta e xestión de solicitudes de adiamento por colaboradores sociais
A consulta e xestión de solicitudes de adiamento, fraccionamento ou recoñecemento de débeda só está habilitada para o propio titular ou para un terceiro que estea apoderado a realizar o devandito trámite. Polo tanto, un colaborador social só poderá xestionar os adiamentos dos seus clientes se lle apoderan a iso.
Os apoderamentos que permiten a xestión de adiamentos son o poder xeral GRALLEY58 ou o específico RB01011 (xestión de adiamentos). A alta dun apoderamento por Internet permite apoderar a un terceiro (persoa física ou xurídica) para que poida realizar, co seu propio certificado electrónico, calquera dos trámites e actuacións en materia tributaria habilitados para ese fin en nome do mandante.
O mandante pode ser tanto persoa física como persoa xurídica ou carente de personalidade xurídica. É o propio mandante o que dá de alta o apoderamento a través da aplicación dispoñible na Sede Electrónica, identificandose con certificado electrónico ou, se é persoa física, tamén con Cl@ve.
Se o mandante carece de certificado dixital, pode solicitar as autorizacións e revogacións para os seus apoderados mediante comparecencia persoal ante as Administracións ou Delegacións da AEAT anexando os correspondentes "Modelos de apoderamentos para trámites telemáticos".
O apoderamento tamén se pode realizar mediante documento público ou documento privado con sinatura lexitimada notarialmente, presentado ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Unha vez rexistrado o apoderamento, para poder consultar ou modificar unha solicitude de adiamento xa presentada, a persoa apoderada deberá acceder desde a ligazón "Xestión de adiamentos como Representante" na relación de trámites de adiamento e fraccionamento de débedas da Web.
Introduce o NIF do mandante ou representado e fai clic en "Buscar". Mostrarase unha relación de todas as solicitudes de adiamento realizadas por ese obrigado tributario.
Fai click no código asociado a cada solicitude para acceder ás opcións dispoñibles.
En función do estado de tramitación poden aparecer algunha destas dúas opcións ou ambas as dúas: "Xestión de domicilios" e "Xestión de domiciliacións".
Para modificar o número de conta para a domiciliación do adiamento, debes acceder a "Xestión de domiciliacións" e facilitar o novo código de conta bancaria.