Consulta e modificación de declaracións informativas. Apoderados. Exercicios anteriores a 2019
Saltar índice da informaciónModificar folla resumo
Permite modificar datos da folla resumo pero unicamente nos modelos de declaracións informativas que non son de Renda, xa que co novo sistema de presentacións e baixas, non cómpre o axuste dos totais entre o rexistro Tipo 1 e os rexistros de detalle.
Nos casos en que si estea dispoñible, accederás aos datos da folla resumo e poderás modificar os datos que consideres oportunos. Se existen datos erróneos, os campos aparecerán en amarelo. Na marxe dereito, encontrarás ligazóns de axuda con información sobre os cálculos da declaración e os erros da folla resumo. Unha vez corrixidos, os campos modificados mostraranse en cor laranxa.
Revisa os datos modificados antes de confirmar a presentación e fai clic en "Continuar".
Continúa coa presentación da modificación ata que che apareza o número de rexistro asociado á mesma.
Podes imprimir a folla resultante como xustificante da corrección desde a ligazón "Ver en formato imprimible" despois de "Asinar Enviar".