Erro 403, Erro de conexión SSL, Non se pode mostrar a páxina ou Conexión segura falida ao acceder ou asinar un trámite por Internet
Saltar índice da informaciónErro 403 con Safari e Mac OS X
Trátase xeralmente dun erro de identificación. Prodúcese cando se intenta acceder a unha opción que require certificado electrónico e o navegador non detecta a súa instalación, está danado ou ben non se selecciona axeitadamente.
Se se trata dun DNI electrónico segue as indicacións da axuda "Erro de conexión con DNI electrónico no Mac OS X". O navegador compatible en Mac co DNI electrónico é Mozilla Firefox.
Para certificados tipo software con Safari o certificado electrónico debe estar instalado no Acceso a Chaveiros. A comprobación realízase desde "Finder", "Aplicacións", "Utilidades".
Acceda a "Inicio de sesión", "Os meus certificados".
Se non está instalado no Acceso a Chaveiros debes dispor dunha copia para importaro. Para iso accede a "Inicio de sesión", "Os meus certificados" e fai clic en "Arquivo", "Importar elementos" ou "Importar ítems", segundo versión.
Selecciona o ficheiro.p12 ou.pfx coa copia de seguridade do certificado electrónico e fai clic en "Abrir". Pode cumprir facilitar o contrasinal que se estableceu ao exportar o certificado.
Se a importación se efectúa con éxito, o certificado aparecerá no "Acceso a Chaveiros".
Se a pesar das nosas indicacións persiste a mensaxe de erro, cumprirá que solicites un novo certificado.