Como importar unha copia válida do seu certificado electrónico
Saltar índice da informaciónMacintosh - Importar copia do certificado no google Chrome
Se o sistema operativo é Macintosh e o navegador Google Chrome, cómpre que o certificado electrónico estea instalado en "Acceso a Chaveiros" de Mac . Inicia a aplicación desde "Finder", "Aplicacións", "Utilidades", "Acceso a Chaveiros".
Accede a "Inicio de sesión", "Os meus certificados" e fai clic en "Arquivo", "Importar elementos" ou "Importar ítems", segundo versión.
Selecciona o ficheiro.p12 ou.pfx coa copia de seguridade do certificado electrónico e fai clic en "Abrir".
Se cumprise, terás que facilitar o contrasinal que se estableceu ao exportar o certificado.
Se a importación se efectúa con éxito, o certificado aparecerá no "Acceso a Chaveiros".