Posibles erros no uso do certificado electrónico
Saltar índice da informaciónO seu certificado non aparece na xanela de selección de certificados do Internet Explorer
Se cando o navegador solicita o certificado electrónico, a xanela de selección está en branco e non aparece ningún, debes comprobar que o certificado electrónico estea correctamente instalado.
Se o certificado non está instalado ou non está instalado correctamente
Entra en "Ferramentas", "Opcións de Internet" e selecciona a pestana "Contido". Pulsa o botón "Certificados" e comproba a data de caducidade do certificado. Tamén podes acceder á páxina da entidade emisora do certificado para comprobar se está en vigor e non foi revogado. O certificado debe aparecer na pestana "Persoal" para que a instalación sexa válida.
Se o certificado se importase desde unha copia non válida aparecería na pestana "Outra persoas" en lugar de aparecer na pestana "Persoal" e non sería válido para acceder aos trámites da páxina web da Axencia Tributaria. Se así fóra, comproba se dispós dunha copia válida do certificado. A icona dunha copia válida será un sobre amarelo aberto cun certificado asomando e unha chave, e a extensión.pfx ou.p12.
Se a copia do certificado non fóra válida (a icona é un certificado verde e non hai ningunha chave; a extensión do arquivo é.cer) é porque ao exportaro non se marcou o recadro "Exportar a clave privada", que é a información persoal que o certificado contén e sen a cal non é posible asinar. Se non dispós dunha copia válida que permita importar correctamente o certificado (á pestana "Persoal") deberás solicitar un novo certificado repetindo o proceso completo de obtención.
Se o certificado está correctamente instalado
Para poder realizar as seguintes accións é recomendables acceder ao Internet Explorer como administrador. Para iso fai clic sobre a icona do Internet Explorer co botón dereito do rato e pulse "Executar como administrador" para abrir unha xanela.
Accede a "Ferramentas" no menú da parte superior do navegador (ou na parte superior dereita) e entra en "Opcións de Internet". Na pestana "Seguridade" pulsa "Restablecer todas as zonas ao nivel predeterminado"; marca a icona "Sitios de confianza" e fai clic no botón "Sitios" que se habilita para agregar o seguinte enderezo: https://*.agenciatributaria.gob.es/". O recadro "Requirir comprobación do servidor (https:) para todos os sitios desta zona "debe estar marcada.
Na pestana "Privacidade" desmarca o recadro "Activar o bloqueador de elementos emerxentes". Na pestana "Opcións avanzadas" fai clic en "Restaurar configuración avanzada".
A continuación, accede á pestana "Contido" e pulsa o botón "Certificados". Selecciona o certificado dentro da pestana "Persoal" e pulsa o botón "Ver".
Dentro da pestana "Detalles" accede a "Editar propiedades" e marca a opción "Habilitar todos os propósitos para este certificado". Se hai máis dun certificado instalado no equipo, podes asignarlle un nome a cada certificado que o faga recoñecible á hora de seleccionaro.
Acepta as xanelas para que os cambios se manteñan e, de volta na xanela "Certificados", entra na pestana "Entidades de certificación raíz de confianza", xa que estas accións deben realizarse tamén para o certificado raíz da entidade emisora. Selecciona o certificado raíz da súa entidade emisora e fai dobre clic sobre el (por exemplo, se se trata da FNMT débese seleccionar o certificado "FNMT Clase 2 CA", ou "AC FNMT Usuarios" se o certificado se emitiu a partir do 1 de marzo de 2015).
Dentro da pestana "Detalles" accede a "Editar propiedades" e marca a opción "Habilitar todos os propósitos para este certificado". Despois pulsa "Aceptar". Para terminar, fai clic en "Aplicar" e "Aceptar". Para que o cambio sexa efectivo cómpre pechar todas as páxinas de Internet Explorer.
No windows Vista ou inferior, a opción dentro da pestana "Detalles" para marcar "Habilitar todos os propósitos para este certificado" é "Modificar propiedades".