Consideracións previas de uso da ferramenta de soporte remoto Zoom en Android
Podes instalar Zoom desde PlayStore.
Se xa está instalada, abre Zoom e fai clic en "Entrar a unha reunión".
Introduce o IDE que che facilitará o axente, o teu nome (no caso de que non esteas xa identificado) e pulsa "Entrar". Se se solicitan permisos, selecciona "Estou de acordo ".
Accederás a unha sala de espera, o axente admitirá a conexión e poderás comezar a reunión.
Compartir pantalla
Pulsa "Compartir" e, a continuación, "Pantalla".
No seguinte paso pregúntase "Queres que Zoom grave audio?". Podes elixir "Denegar", xa que non cómpre.
Despois pulsa "Iniciar agora" e activa a opción "Permitir mostrar sobre outras aplicacións". En calquera momento podes deixar de compartir desde a xanela de Zoom ou desde o menú emerxente.
Finalizar reunión
Para finalizar a reunión co axente, pulsa o botón "Saír" situado na parte superior da pantalla.