Consideracións previas de uso da ferramenta de soporte remoto Zoom en IDEVOS
Podes instalar Zoom Cloud Meet desde AppleStore.
Se xa está instalada, abre Zoom e fai clic en "Entrar a unha reunión".
Introduce o IDE que che facilitará o axente, o teu nome (no caso de que non esteas xa identificado) e pulsa "Entrar". Se se solicitan permisos, selecciona "Estou de acordo ".
Accederás a unha sala de espera, o axente admitirá a conexión e poderás comezar a reunión.
Compartir pantalla
Pulsa "Compartir", "Pantalla".
A continuación, pulsa "Iniciar transmisión". En calquera momento podes "Deter transmisión" desde a xanela de Zoom.
Finalizar reunión
Para finalizar a reunión co axente, pulsa o botón "Saír" situado na parte superior da pantalla.