2025
Exemplos de mensaxes enviadas por vías tecnolóxicas que suplantan a identidade da AEAT detectada no ano 2025. Non atenda estas mensaxes, é un intento de fraude suplantando a imaxe da Axencia Tributaria.
Detectouse unha campaña de correos electrónicos falsos que suplantan a identidade da Axencia Tributaria coa intención de lembrar o vencemento de pagamento dun adiamento ou fraccionamento, instando a proporcionar uns determinados datos.
AVISO : O correo ten un anexo en formato ISO que contén un ficheiro EXE malicioso.
Texto do correo electrónico:
AEAT INFORMA RECORDATORIO DE PRÓXIMO VENCEMENTO APLAZ/FRACC. 16/04/2025 Nº *******77067DD. Data de vencemento (16/04/2025) IMPORTE TOTAL 98.157,38. Por favor, proporcione os requisitos indicados.
Este é unha mensaxe automático enviado desde un enderezo de correo electrónica non atendida.