Anuncios de citación en Sede Electrónica
Nota: Desde o 1 de xuño de 2015 a AEAT deixou de publicar na súa sede electrónica anuncios de citación para notificación por comparecencia. Estes anuncios pasaron a publicarse no Boletín Oficial do Estado.
Para acceder á consulta de antigos anuncios non cómpre identificarse electronicamente.
Podes indicar os criterios de busca "Exercicio", "Nº Anuncio" e / ou a data de publicación do anuncio. A continuación pulsa "Buscar" e fai clic sobre a ligazón "Ver Anuncio" para acceder a el.
Tamén podes realizar unha busca máis concreta por NIF se dispós de certificado electrónico. Para iso fai clic na ligazón "Busca de anuncios por NIF (con certificado)". Verifica os datos do NIF e o nome pulsa "Buscar" para acceder á relación de anuncios para o NIF en cuestión.
Na listaxe de anuncios que aparecen na aplicación, pulsa a ligazón "Ver Anuncio" correspondente ao anuncio do teu interese.