Códigos de resposta da Entidade Colaboradora EECC ou Financeira EEFF
Ao realizar unha solicitude de cargo en conta a través da pasarela de pagamentos da AEAT, a entidade financeira pode rexeitar a operación debido a diferentes circunstancias (problemas técnicos, erros nos datos consignados, identificación incorrecta, pagamento duplicado, etc.) e devolver os mensaxes de erro correspondentes.
Trátase de respostas xeradas polas entidades financeiras (EEFF) ou colaboradoras (EECC) e cómpre realizar as comprobacións necesarias e contactar coas devanditas entidades para resolver o problema.
Como alternativa, pódese solicitar directamente ao banco o NRC facilitando os datos do pagamento, utilizar os servizos de banca electrónica que ofrezan ou tramitar o cargo noutra conta ou nunha entidade financeira distinta.