Consulta dun pagamento anterior mediante tarxeta ou Bizum (autoliquidacións)
Para recuperar o NRC xerado para o pagamento dunha autoliquidación realizada con tarxeta ou Bizum accede a "Autoliquidacións - Consulta dun pagamento anterior realizado con tarxeta ou Bizum", non cómpre identificarse electronicamente, introcuciendo os datos correctos no formulario poderás realizar a consulta.
Indica o modelo, os datos identificativos e económicos para o que desexas realizar a consulta e fai clic en "Aceptar datos e Continuar". Estes datos deben coincidir exactamente cos datos que introduciches no momento do pagamento. Para evitar erros na recuperación do NRC é importante prestar atención aos campos do apartado "Datos da liquidación "e seleccionar tanto o exercicio fiscal como o período no desdobrable de forma correcta; por exemplo, non confundir o período 1T (trimestral) co 01 (mensual) nunha declaración periódica.
Se o pagamento existe obterás o NRC xerado que che sirva de xustificante. Desde esta xanela non hai opción de imprimir o xustificante, trátase dunha consulta en liña.
Lembra que tras obter o NRC, se non presentaches a declaración, debes acceder á presentación do formulario correspondente e indicar manualmente o NRC no campo dispoñible.