Erro 70. Petición duplicada
A mensaxe: "Petición duplicada" (erro 70), é unha resposta da entidade colaboradora que implica que o NRC que se está solicitando xa foi xerado previamente.
Desde "Consulta dun pagamento anterior..." e a opción correspondente á forma de pagamento utilizado (mediante cargo en conta ou tarxeta), comproba o pagamento.
Para realizar esta operación cómpre identificarse con Cl@ve ou co mesmo certificado ou DNI electrónico utilizado no momento de realizar o pagamento.
Tras marcar o modelo para o que se desexa realizar a consulta, fai clic en "Aceptar datos e Continuar".
Hai que introducir exactamente os mesmos datos que se proporcionaron para realizar o pagamento e se este existe, facilitarase o NRC xerado que sirva de xustificante.
A AEAT permitirá que o ordenante, achegando os mesmos datos que utilizou na solicitude de cargo, consulte o resultado da operación cando existise algún fallo nas comunicacións ou por calquera outra causa. A resposta á solicitude de comprobación será a mesma mensaxe de confirmación co NRC obtido ou, no seu defecto, a indicación de que non consta o cargo consultado ou de que este foi anulado.
Unha vez recuperado o NRC tén quese presentar a declaración marcando nesta ocasión a opción "Que hai que ingresar" e introducindo manualmente o NRC do cargo realizado no seu recadro correspondente para que no momento da presentación a páxina non enlace de novo coa entidade bancaria para realizar outra vez o pagamento.
No caso de que non exista o NRC deberá contactarse coa entidade bancaria para constatar que ese pagamento non se realizou.