NRC erróneo
Este erro pode producirse ao asinar e enviar unha declaración con resultado a ingresar e débese a que o NRC é erróneo ou non se corresponde cos datos declarados.
Cubriuse erroneamente o NRC
Comproba que trasladaches correctamente á declaración cada un dos 22 caracteres do NRC obtido ao realizar o pagamento.
O NRC consta de 22 caracteres alfanuméricos e, xeralmente, os tres primeiros coinciden co número de modelo ao que corresponde o ingreso (exemplo: 303 …).
Os datos cumprimentados na declaración non coinciden exactamente cos do pagamento
Débese acceder á consulta do pagamento realizado e asegurarse de que os datos (NIF, modelo, importe, exercicio e período) son correctos e idénticos aos consignados na declaración.
Merece especial atención o período, xa que é habitual confundir os períodos trimestrais (1T, 2T, 3T e 4T) cos mensuais (01: xaneiro, 02: febreiro, 03: marzo, 04: abril, etc).
Tén quese comprobar tamén que o importe pago coincide exactamente co declarado (unha diferenza de 1 céntimo invalidará o NRC ) e revisar o resto de datos relacionados para detectar posibles erros.
Se se realizou o ingreso a través da pasarela de pagamentos da AEAT, pode recuperarse o xustificante da operación, co NRC asignado e todos os datos do pagamento, desde a opción "Autoliquidacións. Consulta dun pagamento anterior" (por cargo en conta ou con tarxeta, segundo corresponda).
Se se observa algún erro nestes datos, pódese contactar directamente coa entidade bancaria correspondente e solicitar a anulación do NRC erróneo, así como a xeración dun novo NRC correcto para poder realizar a presentación.
Nota: Hai que ter en conta que a anulación dun NRC esixe comparecerse na oficina do banco ou caixa no menor tempo posible. Do contrario, será necesaria a presentación dunha solicitude de "Devolución de ingresos indebidos".