Resposta da EEFF : Erro 99
O "[código 99] Erro técnico" é unha resposta da entidade colaboradora que pode producirse ao intentar realizar un pagamento, ou unha consulta do mesmo, na pasarela de pagamentos da AEAT. Este erro impide que se realice a operación e, polo tanto, non se chega a xerar o NRC como xustificante do pagamento.
É posible que o servidor da entidade bancaria coa que esteas realizando o trámite teña problemas técnicos. Recoméndase contactar coa devandita entidade para obter máis información.
Como alternativa, pódese intentar realizar o pagamento máis tarde (talvez se trate só dun erro puntual no servidor) ou indicar unha conta dunha entidade distinta, de que tamén sexa titular.
Ten en conta que a Axencia Tributaria non é responsable da falta de resposta da Entidade Colaboradora nin asumirá responsabilidade algunha pola admisión de orde de cargo. Non obstante, os formularios de solicitude de cargo en conta asinada dixitalmente cos certificados electrónicos serán conservados pola AEAT de xeito seguro e íntegra.