Renda 2019
Saltar índice da informaciónRenda WEB Open 2019
"Renda WEB Open" é unha versión de Renda WEB que funciona como un simulador; permite simular a súa declaración de IRPF de 2019 pero non require identificación do contribuínte, non valida o NIF do declarante e non necesita dispor de datos fiscais.
Renda WEB Open non permite a presentación da declaración, xa que se trata dunha simulación sen validación de datos identificativos. Tampouco é posible trasladar os datos de Renda WEB Open á declaración.
Nunha primeira xanela poderás iniciar unha "Nova declaración" ou "Cargar" os datos dunha declaración gardada. Para recuperar unha declaración previa, terás que abrir o ficheiro.ses que se xera ao gardar a declaración.
O primeiro paso é introducir os datos identificativos, incluído o NIF, aínda que non se efectuará ningunha validación contra o censo da Axencia Tributaria.
Unha vez aceptada a pantalla de datos identificativos, accédese directamente ao resumo de resultados. Desde as ligazóns dispoñibles nos conceptos do resumo, poderás dirixirche as distintas páxinas da declaración para ir introducindo o resto de datos que permitirán efectuar os cálculos. Tamén podes pulsar "Continuar coa declaración "para acceder ás distintas páxinas que conforman a declaración.
Utiliza os comandos con frechas para navegar polas páxinas da declaración ou pulsa "Apartados" para acceder ás distintas seccións. Tamén contas cun buscador de recadros ou conceptos no botón da lupa.
Se iniciaches unha nova declaración deberás incluír todos os datos, persoais e económicos, para simular o resultado.
Unha vez cumprimentada a declaración convén validar os datos consignados. Accede á última páxina, "Documento de ingreso ou devolución" para comprobar o resultado.
Se queres recuperar a declaración cumprimentada noutro momento, pulsa o botón "Gardar" para obter o ficheiro.ses, que se pode importar desde a xanela inicial pulsando "Cargar". Podes elixir a situación en que se descargará o ficheiro que será, por defecto, a carpeta que teña como predetermina o navegador. O ficheiro terá por nome dat-100-NIF do declarante-data.ses.
Renda WEB Open permite a xeración dun PDF coa vista previa da declaración, que é non é válido para a súa presentación. Fai click en "Resumo de declaracións" para acceder de novo aos resultados para cada modalidade e xerar o PDF coa vista previa.