Xestións de Renda que ofrece a APP-AEAT
Saltar índice da informaciónTramitación de borrador / declaración
Tras pulsar sobre "Renda 2024" a aplicación mostra as xestións dispoñibles nese momento, identificando se a declaración foi presentada ou non e se estás obrigado ou non a presentar a declaración, ademais, unha vez presentada a declaración infórmache se podes ou non continuar coa túa sesión para presentar o resto de declaracións individuais da túa unidade familiar.
A APP calcula a modalidade máis favorable de declaración IRPF do contribuínte (individual ou conxunta) e mostra os campos resumo: o resultado da declaración, o IBAN da conta bancaria, a Comunidade Autónoma e a asignación tributaria. Podes obter a vista previa da declaración en PDF, Consultar os datos fiscais e presentar a declaración cun só clic. Para obter información sobre como presentar a declaración consulta a axuda "Presentación da declaración nun clic "
Se a declaración xa está presentada, mostrarase o correspondente aviso e a posibilidade de acceder á consulta do estado de tramitación ou modificar a declaración, se o consideras necesario.
Se o contribuínte ten presentada algunha declaración de Renda 2024 e, na súa sesión de traballo, existen declaracións individuais do resto de membros da súa unidade familiar susceptibles de poder ser continuadas ofrécese a opoción de continuar a sesión para o resto de membros da unidade familiar.