Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2022

10.13.15 Para mulleres traballadoras

Contía

As mulleres que realicen unha actividade por conta propia ou allea pola que estean dadas de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, poderán deducir as seguintes cantidades por cada fillo menor de 18 anos ou persoa dependente ao seu cargo:

  • 300 euros se se trata do primeiro fillo.

  • 350 euros se se trata do segundo fillo

  • 400 euros se se trata do terceiro fillo ou sucesivos

  • 400 euros por persoa dependente ao seu cargo

Para os efectos da determinación do número de orde dos fillos estarase á data de nacemento.

Requisitos e condicións

  • A suma da base impoñible xeral e do aforro non pode superar os 20.000 euros en declaracións individuais e 40.000 euros en declaracións conxuntas.

  • Considérase persoa dependente, para os efectos desta dedución, ao ascendente maior de 75 anos e ao ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, calquera que sexa a súa idade.

  • Para a aplicación da dedución será requisito que o fillo e / ou a persoa dependente convivan co contribuínte durante máis de 183 días ao ano.

  • O importe da dedución calcularase de forma proporcional ao número de días traballados.

    No caso de períodos impositivos inferiores ao ano  o importe da dedución ratearase polos días traballados durante o período impositivo.

  • Unha mesma persoa non poderá dar dereito á aplicación de máis dunha dedución. O contribuínte poderá aplicar a que lle resulte máis favorable.

Formalización

Os descendentes consignaranse no apartado A) na fila que corresponda segundo o número de orde que representen atendendo á súa data de nacemento. Indicará o número e reflectirá "SI" cando o descendente ten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e "NON" en caso contrario.

Os ascendentes reflectiranse no apartado B) consignando "SI" cando o ascendente teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e "NON" en caso contrario.

Adicionalmente, indicará o número de días traballados durante o período impositivo.