10.11.2. Por familias con 2 fillos e fillas
Contía e requisitos
250 euros cando o contribuínte teña, na data de devindicación do imposto, dous fillos que xeren o dereito á aplicación do mínimo por descendentes.
500 euros cando o contribuínte ou algún dos fillos que dean dereito a aplicar esta dedución teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Cando máis dun contribuínte teña dereito á aplicación da dedución respecto dos mesmos descendentes, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Incompatibilidade
Esta dedución é incompatible coa dedución "Por familia numerosa"
Formalización
Se ten dereito a esta dedución marcará o recadro habilitado con este fin.
Se o contribuínte ou algún dos descendentes que dan dereito a aplicar a dedución teñen recoñecido a situación de dependencia severa ou gran dependencia marcará o recadro correspondente.
Se para algún dos fillos ambos os dous proxenitores teñen dereito a esta dedución ou á dedución "Por familia numerosa" (con independencia de que apliquen ou non calquera delas) reflectirao no recadro correspondente.
No caso de que o contribuínte tivese dereito a esta dedución e á dedución "Por familia numerosa" o programa calculará a máis favorable.