10.11.7. Por alugamento da vivenda habitual por contribuíntes de idade igual ou inferior a 35 anos
Contía
-
O 10% das cantidades que satisfixese durante o período impositivo en concepto de alugamento da súa vivenda habitual, cun límite de 300 euros por contrato de arrendamento e ano tanto en tributación individual como na conxunta.
-
O 20% cun límite de 600 euros por contrato e ano se ten dous ou máis fillos menores de idade.
As contías fixadas para esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
O grao de discapacidade terá que acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo órgano competente. En particular, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
Igualmente, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
Requisitos
-
O contribuínte debe ter 35 anos ou menos na data da devindicación do imposto. En caso de tributación conxunta o requisito da idade terá que cumpriro polo menos un do cónxuxes ou, se é o caso, o pai ou a nai.
-
O contrato de arrendamento debe ser posterior a 1 de xaneiro de 2003.
-
Que estea en posesión do xustificante de constituír o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo ou ben copia compulsada da denuncia presentada ante o devandito organismo por non haberlle entregado o devandito xustificante a persoa arrendadora.
-
A base impoñible non debe superar 22.000 euros, tanto en tributación individual como na conxunta. Este requisito será controlado polo programa.
Cando dous contribuíntes teñan dereito á aplicación da dedución, o importe total sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
No suposto de matrimonios en réxime de gananciais a dedución corresponderá ao cónxuxes por partes iguais aínda que o contrato de arrendamento estea só a nome dun deles .
Formalización
A través da xanela de captura de datos o contribuínte fará constar:
-
O importe total satisfeito polo contribuínte titular da dedución. Tratandose de matrimonios en réxime de gananciais, a dedución corresponderá ao cónxuxes por partes iguais, aínda que o contrato estea só a nome dun deles .
-
O número de persoas con dereito a aplicar a dedución por un mesmo contrato de arrendamento.
-
O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF, deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.
-
Se o arrendatario ten recoñecida a situación de dependencia severa ou gran dependencia marcará o recadro habilitado con esa fin.
-
Consignará no recadro "Comúns" ou no recadro "Do Titular "o número de fillos cos que conviven tendo en conta que o mesmo fillo só pode incluíro nunha dos dous recadros.
O programa trasladará os datos incluídos do anexo B.9 da declaración.