Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.12.22. Por adquisición de vivenda habitual en municipios en risco de despoboamento

Contía

O 10% do prezo de adquisición da vivenda.

Considerarase como prezo de adquisición da vivenda o importe real polo que se efectúe tal adquisición máis os gastos e tributos inherentes á adquisición (como impostos directos e indirectos, rexistro, notario, etc) excluídos os intereses, que fosen satisfeitos polo contribuínte.

Non formará parte do prezo de adquisición os gastos que xere a solicitude e concesión do préstamo hipotecario que financie a súa adquisición.

O importe da dedución ratearase por décimas partes e aplicarase no período impositivo en que se produza a adquisición e os nove períodos impositivos seguintes, sen que a dedución anual aplicable poida superar os 1.546,50 euros tanto en tributación individual como en conxunta.

Naqueles casos en que se invistan cantidades en varios períodos impositivos na adquisición dunha vivenda en construción, o importe da dedución correspondente a cada investimento ratearase por décimas partes e aplicarase no período impositivo en que se produza o devandito investimento e os nove períodos impositivos seguintes sen que a dedución anual aplicable poida superar os 1.546,50 euros tanto en tributación individual como en conxunta.

Requisitos e condicións

  • A dedución é aplicable ás adquisicións de vivenda que se produzan a partir do 1 de xaneiro de 2024.

    A dedución tamén resulta aplicable naqueles casos en que se invistan cantidades na adquisición dunha vivenda en construción, é dicir, con anterioridade á adquisición xurídica da vivenda, sempre que o investimento se efectúe a partir do 1 de xaneiro de 2024.

  • O contribuínte ten que ser menor de 35 anos.

  • O inmoble ten que destinarse a constituír a vivenda habitual do contribuínte.

  • O inmoble ten que estar situado nun municipio da Comunidade de Madrid que conte cunha poboación inferior a 2.500 habitantes a data 1 de xaneiro do exercicio anterior ao da devindicación da dedución, de acordo cos datos publicados polo INE.

    Pode consultar as cifras oficiais de poblacion dos municipios españois en aplicación da Lei de Bases do Réxime Local (art. 17) na seguinte ligazón:  Madrid: Poboación por municipos e sexo

  • O contribuínte ten que manter a residencia habitual no devandito municipio e a súa vivenda durante o período impositivo en que se produza a adquisición ou terminación das obras e nos 3 períodos impositivos seguintes.

  • O concepto de vivenda habitual é o definido na Lei do IRPF.

  • A base impoñible (suma da base impoñible xeral e do aforro) do contribuínte xunto á do resto dos membros da unidade familiar, non supere o importe resultante de multiplicar 30.930 euros polo número de membros da unidade familiar.

    Se se trata dunha unidade familiar conxugal (das reguladas no artigo 82.1.1ª da Lei de IRPF) computaranse todos os membros da unidade familiar integrado na mesma, con independencia de que opten ou non polo réxime de tributación conxunta e de que estean obrigados ou non a presentar declaración.

    Se se trata dunha unidade familiar monoparental ou non conxugal, terá que terse en conta todos os membros da unidade familiar que teoricamente corresponda a cada contribuínte, de acordo co que se dispón no artigo 82.1.2ª da Lei de IRPF con independencia de que se opte ou non por tributar polo réxime de tributación conxunta e de que estean ou non obrigados a presentar declaración.

O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos orixinará a perda do dereito á dedución, procedendose á regularización de acordo co que se establece na normativa estatal do IRPF.

Formalización

Se a suma das bases impoñibles xerais e do aforro de todos os membros da unidade familiar de que o contribuínte poida formar parte, excede do resultado de multiplicar 30.930 euros polo número deles , non ten dereito á dedución polo que non debe reflectir datos nesta xanela.

Noutro caso, cubrirá o apartado A ou o B.

  1. Adquisición de vivenda habitual

    • Prezo de adquisición da vivenda habitual que lle corresponda ao titular da declaración.

    • Ano de adquisición da vivenda.

  2. Adquisición de vivenda en construción

    Nos supostos de construción consignará tanto as cantidades abonadas durante a construción a conta do prezo final da compravenda como o importe restante abonado no momento en que se produza a adquisición xurídica da vivenda construída.

    • Cantidades investidas en 2024

    • Importe restante pago no momento da adquisición xurídica da vivenda construída

    • Ano de adquisición da vivenda

O número de membros da unidade familiar.