10.14.23. Destinada aos doentes do ELA
Contía
O 50 % dos gastos do contribuínte, do cónxuxe, e daquelas persoas que dean dereito á aplicación do mínimo persoal e familiar relacionado co diagnóstico e tratamento da esclerose lateral amiotrófica.
O límite máximo desta dedución será 2000 euros anuais.
Requisitos e condicións
-
Exclusivamente darán dereito a esta dedución as cantidades desembolsadas polos seguintes conceptos:
-
Os servizos prestados por profesionais sanitarios.
-
Os tratamentos sanitarios prescritos por profesionais sanitarios.
-
Os destinados a paliar os síntomas da enfermidade.
-
-
Cando varios contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución, as cantidades satisfeitas e o límite da mesma ratearanse por partes iguais.
-
Esta dedución quedará condicionada á súa xustificación documental mediante a correspondente factura completa ou ordinaria, nos termos previstos pola lexislación sobre as obrigas de facturación, sen que en ningún caso teña tal condición a factura simplificada.
Formalización
No caso de matrimonio, para o cálculo desta dedución cómpre introducir os datos correspondentes a ambos os dous cónxuxes. Os datos introducidos na declaración individual dun deles , trasladarase ao outro de maneira que na "Modalidade Cónxuxe" os datos do cónxuxe figurarán na columna "Declarante".
Cantidades satisfeitas relacionadas co diagnóstico e tratamento do ELA: E l contribuínte ao que diagnosticasen ELA deberá reflectir as cantidades que correspondan aos servizos relacionados co diagnóstico e tratamento da súa enfermidade con independencia de que fosen satisfeitas por el ou polo seu cónxuxe.
Cantidades satisfeitas relacionadas co diagnóstico e tratamento do ELA daquelas persoas que xeran mínimo por descendentes e / ou ascendentes: Se o declarante ou o cónxuxe satisfan cantidades relacionadas co diagnóstico e tratamento do ELA das persoas que xeran o dereito ao mínimo por ascendentes ou descendentes consignarán os importes satisfeitos por cada un deles .