10.2.21. Por gastos en formación para a autonomía e a vida independente de menores con discapacidade
Contía
Os contribuíntes poderán deducirse o 25 % das cantidades destinadas ao pagamento de actividades de formación dirixida ao fomento da autonomía e da vida independente dos descendentes menores de idade cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Límites e condicións
-
Nas declaracións conxuntas:
-
Se o contribuínte forma parte dunha “familia numerosa” e a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supera os 40.000 euros: ata un máximo de 300 euros por descendente.
-
Se o contribuínte non está integrado nunha “familia numerosa” e a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supera os 25.000 euros:
-
Cando a suma de bases impoñibles non supere os 12.000 euros: ata un máximo de 200 euros por descendente.
-
Cando a suma de bases impoñible se sitúe entre 12.000,01 e 20.000,00 euros: ata un máximo de 100 euros por descendente.
-
Cando a suma de bases impoñible se sitúe entre 20.000,01 e 25.000,00 euros: ata un máximo de 80 euros por descendente.
-
-
-
Nas declaracións individuais:
-
Se o contribuínte forma parte dunha “familia numerosa” e a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supera os os 30.000 euros: ata un máximo de 300 euros por descendente.
-
Se o contribuínte non está integrado nunha “familia numerosa” e a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro non supera os 12.500 euros:
-
Cando a suma de bases impoñibles non supere os 6.500 euros: ata un máximo de 100 euros por descendente.
-
Cando a suma de bases impoñible se sitúe entre 6.500,01 e 10.000,00 euros: ata un máximo de 80 euros por descendente.
-
Cando a suma de bases impoñible se sitúe entre 10.000,01 e 12.500,00 euros: ata un máximo de 50 euros por descendente.
-
-
-
A dedución resultante deberá minorarse, por cada descendente, na cantidade correspondente ás axudas percibidas, no período impositivo de que se trate, da Administración da Comunidade Autónoma de Aragón ou de calquera outra Administración pública que cubran a totalidade ou parte dos gastos destinados ao pagamento da formación.
-
Para a aplicación da dedución, só teran en contase aqueles descendentes que dean dereito á aplicación do mínimo por descendentes establecidos na LIRPF .
-
Aos efectos do que se dispón neste artigo, o concepto de familia numerosa é o establecido pola Lei 40/2003, do 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas.
-
A dedución corresponderá a quen satisfixese as cantidades destinadas ao pagamento da formación. Non obstante, se se trata de matrimonios co réxime económico do consorcio conxugal aragonés ou análogo, as cantidades satisfeitas atribuiranse a ambos os dous cónxuxes por partes iguais.
-
A acreditación documental do gasto deberá realizarse mediante factura ou calquera outro medio do tráfico xurídico ou económico admitido en Dereito e o pagamento dos devanditos gastos tén quese realizar mediante tarxeta de crédito ou débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas en entidades financeiras.
Formalización
Para cada un dos descendentes:
-
Consignará as cantidades satisfeitas que correspondan ao titular da declaración. Se o cónxuxe tamén tivese dereito a aplicar a dedución cada un consignará o 50% das cantidades satisfeitas.
-
Se o cónxuxe ten dereito a aplicar a dedución por ese descendente indicarao consignando SI no recadro habilitado para ese fin. En caso contrario consignará Non.
-
Consignará a parte das axudas percibidas para o pagamento das actividades de formación para a autonomía e a vida independente que corresponda ao contribuínte.
Por último, deberá indicar se forma parte dunha familia numerosa marcando o recadro habilitado para ese fin.