Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.3.23. Polos gastos vitais en que incorran os contribuíntes de ata 35 anos

Contía

Os contribuíntes de ata 35 anos de idade poderán deducirse o importe das cantidades satisfeitas en concepto de:

  • Gastos de vivenda e subministracións asociadas ás mesmas. Con esta finalidade será admisible tanto os gastos realizados na vivenda en propiedade como os derivados de arrendamento de vivenda.

  • Gastos educativos.

  • Gastos de transporte e mobilidade.

  • Gastos en tecnoloxía.

  • Gastos deportivos.

  • Gastos culturais.

O importe máximo da dedución será de:

  • 2000 euros para os contribuíntes de ata 25 anos.

  • 1.500 euros para os contribuíntes con idades comprendidas entre os 26 e os 30 anos.

  • 1.000 euros para os contribuíntes con idades comprendidas entre os 30 e os 35.

Requisitos e condicións

  • O requisito da idade debe entenderse referido á data en que se produce o feito que dá dereito á dedución e non á data de devindicación do imposto.

  • A base impoñible non pode ser superior a 28.000 euros anuais tanto en tributación individual como conxunta.

  • Aos contribuíntes que se encontren en dous tramos de idade durante o exercicio se lles aplicará o importe máximo da dedución de maior contía.

  • No caso de tributación conxunta cando varia membros da unidade familiar cumpran os requisitos para a aplicación da dedución o límite aplicarase para cada un deles e non por declaración.

  • Os gastos teñén quese acreditar mediante factura ou calquera outro medio do tráfico xurídico ou económico admitido en Dereito.

Formalización

Consignará, analizados por idades, o importe dos gastos incorridos.