Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.4.22. Por determinados gastos relativos a persoas maiores de 65 anos ou a persoas con discapacidade

Esta dedución non resulta aplicable no caso de contribuíntes falecidos antes do 13 de decembro.

Contía

O 40 %dos gastos satisfeitos durante o exercicio por razón de estancias en residencias ou centros de día, servizo de custodia, servizo de comedor e actividades nos centros de día ou contratación laboral dunha persoa para coidar a:

  • Contribuíntes maiores de 65 anos.

  • Contribuíntes cun grao de discapacidade recoñecido do 33 %ou superior con dereito á aplicación do mínimo por discapacidade.

  • Ascendentes do contribuínte maiores de 65 anos que dean dereito ao mínimo por ascendentes.

  • Ascendentes ou descendentes cun grao de discapacidade recoñecido do 33 %ou superior sempre que dean dereito a aplicar o mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes.

O límite da dedución é de 660 euros por persoa que dá dereito a aplicar a dedución.

Requisitos e condicións

  • A base impoñible total do contribuínte non pode superar o importe de 33.000 euros no caso de tributación individual e de 52.800 euros no de tributación conxunta.

  • O pagamento dos gastos que dan dereito á dedución farase mediante tarxeta de crédito ou de débito, transferencia bancaria, cheque nominativo ou ingreso en contas de entidades de crédito.

  • No caso de dedución dos gastos da contratación laboral dunha persoa, esta ten que estar dada de alta na Seguridade Social.

  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito a aplicar esta dedución respecto de ascendentes comúns, cada un dos contribuíntes poderase aplicar a dedución integramente.

  • Cando dous contribuíntes teñan dereito a aplicar esta dedución respecto de descendentes comúns ao seu cargo e opten pola declaración individual, ratearase entre os contribuíntes por partes iguais.

Incompatibilidade

Esta dedución é incompatible con respecto á mesma persoa coa dedución "Por gastos relativos aos descendentes ou acollidos menores de seis anos por motivos de conciliación".

Formalización

Deberá consignar: 

  • Os importes satisfeitos polos servizos prestados ao contribuínte maior de 65 anos ou con discapacidade.

  • Os importes satisfeitos polos servizos prestados aos ascendentes maiores de 65 anos.

  • O NIF da persoa contratada, Residencia ou Centro de día en que se prestan os servizos ao contribuínte ou aos ascendentes.

  • Os importes satisfeitos polos servizos prestados aos ascendentes con discapacidade

  • Os importes satisfeitos polos servizos prestados aos descendentes con discapacidade.

  • O número de persoas con dereito a aplicar a dedución.

  • O NIF da persoa contratada, Residencia ou Centro de día en que se prestan os servizos aos ascendentes ou descendentes con discapacidade.