Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.5.11. Por investimento en vivenda habitual

Contía

Cada contribuínte poderá aplicar as seguintes porcentaxes de dedución sobre as cantidades satisfeitas no período impositivo para a adquisición da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a súa residencia habitual:

  • O 5% se a renda (suma da base impoñible xeral e do aforro) é inferior a 25.000 euros.

  • O 3,5% se a renda (suma da base impoñible xeral e do aforro) é igual ou superior a 25.000 euros e inferior a 45.500 euros.

As citadas porcentaxes serán do 5,5% e do 4%, respectivamente, se o contribuínte é menor de 40 anos.

Requisitos e condicións

  • A dedución aplicarase pola adquisición da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual do contribuínte nos mesmos termos e cos mesmos requisitos esixidos na normativa estatal do imposto, vixente a 1 de xaneiro de 2012, para a aplicación da dedución por tal concepto.

  • Os contribuíntes non perderán o dereito á dedución practicada da cota íntegra autonómica do IRPF polas cantidades satisfeitas por este concepto a pesar de que as vivendas habituais fosen destruídas pola erupción volcánica da Palma, e poderán aplicar esta dedución polas cantidades que, se é o caso, sigan  aboando.

Base máxima

A base da dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución sempre que as axudas teñan a consideración de renda exenta para os efectos de IRPF.

A base máxima desta dedución será de 6.000 euros anuais por contribuínte.

Limite conxunto da dedución

A suma do importe desta dedución canda o das deducións autonómicas "Por cantidades destinadas polos seus titulares á restauración, rehabilitación ou reparación de bens inmobles declarados de Interese Cultural", "Por obras de rehabilitación enerxética da vivenda habitual" e "Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade" non poderá exceder o 15% da cota íntegra autonómica.

Formalización

Deberá consignar as cantidades investidas tendo en conta que o devandito importe deberá minorarse na contía das axudas concedidas polas Administracións públicas para cubrir o gasto cando as mesmas teñan a consideración de renda exenta.