Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.5.13. Por alugamento de vivenda habitual

Contía 

Polo alugamento da súa vivenda habitual o 24% das cantidades satisfeitas no período impositivo, cun máximo de 740 euros anuais por contribuínte.

O límite anterior será dun máximo de 760 euros se o contribuínte ten unha idade inferior a 40 anos ou unha idade igual ou superior a 75 anos e cumpre o resto de requisitos.

A base da dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución sempre que as axudas teñan a consideración de renda exenta para os efectos de IRPF.

Requisitos e condicións

  1. Para os efectos desta dedución enténdese por vivenda habitual aquela en que resida o contribuínte por un prazo superior a un ano.

  2. Que non obtivesen no período impositivo rendas superiores (suma da base impoñible xeral máis base impoñible do aforro) a:

    • 45.500 euros en tributación individual.

    • 60.500 euros en tributación conxunta.

  3. A aplicación da dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do nome e NIF do arrendador, da identificación catastral da vivenda habitual e do canon arrendaticio anual.

  4. Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %das rendas obtidas (base impoñible xeral máis base impoñible do aforro) descontado, se o houbese, o importe das subvencións que percibise o arrendatario.

  5. A dedución só poderaa aplicar quen figuren como arrendatarios no contrato de arrendamento.

Formalización

  • A persoa que consta como titular no contrato de arrendamento consignará o Importe satisfeito polo alugamento tendo en conta que o devandito importe deberá minorarse na contía das axudas concedidas polas Administracións públicas para cubrir o gasto cando as mesmas teñan a consideración de renda exenta.

    No caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, se no contrato figura só un do cónxuxes será este o que poida aplicar a dedución. Se a renda se satisfai con fondos gananciais o cónxuxe titular do contrato poderá aplicar a dedución polo 50 %do importe do alugamento; as cantidades satisfeitas polo outro cónxuxe non dan dereito á dedución ao non ter a condición de arrendatario.

  • O NIF do arrendador. Se o arrendador non ten NIF deberá consignar o Número de Identificación no país de residencia.

  • A referencia catastral da vivenda alugada. Se a vivenda non tivese referencia marcará o recadro habilitado con esa fin.

  • Se percibiu subvencións polo alugamento consignará o importe.

O programa trasladará os datos incluídos ao anexo B.9 da declaración.