Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.5.25. Por gastos derivados da adecuación dun inmoble con destino ao arrendamento como vivenda habitual

Contía 

O 10% das cantidades satisfeitas no período impositivo dos gastos de reparación e conservación, así como calquera outro necesario para que un inmoble se encontre en condicións de ser arrendado, gastos de formalización de contratos de arrendamento, gastos de primas de seguros por danos e impagos e os gastos necesarios para a obtención de certificados de eficiencia enerxética.

O límite máximo de dedución é de 150 euros tanto en tributación individual coma en tributación conxunta, por inmoble arrendado.

Requisitos e condicións

  • A dedución soa resultará aplicable aos arrendamentos de vivenda prevista no artigo 2 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

  • A dedución soa poderana aplicar as persoas titulares das facturas que, pola súa parte, realicen o pagamento.

    Non obstante, no caso de matrimonios en réxime de gananciais as cantidades satisfeitas atribuiranse a ambos os dous cónxuxes por partes iguais aínda que a factura estea a nome dun só deles .

  • En caso de incorrer en gastos de reparación e conservación do inmoble, a aplicación da dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do número de identificación fiscal do prestador dos servizos e do seu importe anual.

  • Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito a esta dedución, o seu importe ratearase entre eles en función da porcentaxe de participación na propiedade ou usufruto do inmoble.

Base da dedución

A base desta dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura, que deberá cumprir todas as condicións establecidas no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación aprobado polo Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro. A factura deberá conservarse durante o prazo de prescrición.

A base da dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución sempre que as axudas teñan a consideración de renda exenta para os efectos de IRPF.

Incompatibilidade

A presente dedución é incompatible respecto das mesmas cantidades coa dedución "Por gastos en primas de seguros de crédito para cubrir impagos de rendas de arrendamentos de vivenda"

Formalización

Deberá consignar:

  • No apartado A) consignará para cada vivenda os gastos satisfeitos polo contribuínte que dan dereito á dedución e que non teñan a consideración de gasto de reparación e conservación.

    No apartado B) consignará para cada vivenda os gastos de reparación e conservación satisfeita polo contribuínte.

    O importe dos gastos a consignar en cada apartado deberá minorarse na contía das axudas concedidas polas Administracións Públicas que teñan a consideración de renda exenta.

  • A porcentaxe de participación na propiedade ou usufruto do inmoble.

  • A porcentaxe de participación na propiedade ou usufruto do inmoble de todas as persoas que teñen dereito á dedución.

  • Cando incorrese en gastos de reparación e conservación fará constar o NIF da persoa que presta o servizo e o importe anual acumulado satisfeito por todas as vivendas en que se prestou o servizo.