10.5.27. Por cotas satisfeitas á Seguridade Social pola contratación de empregados ou empregadas de fogar
Contía
Os contribuíntes poderán deducir o 20% das cantidades satisfeitas no período impositivo polas cotas á Seguridade Social dun traballador incluído no Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, correspondente á cotización anual dun empregado ou empregada do fogar familiar, que constitúa a vivenda habitual do empregador ou empregadora.
A base da dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución sempre que as axudas teñan a consideración de renda exenta para os efectos de IRPF.
O importe máximo da dedución non poderá superar os 500 euros anuais con independencia do número de persoas contratadas.
Requisitos e condicións
-
Terán dereito á aplicación desta dedución calquera dos seguintes contribuíntes:
-
Os que á data de devindicación do imposto teñan dereito á aplicación do mínimo por descendentes regulados na normativa do IRPF sempre que perciban rendementos do traballo ou de actividades económicas.
-
Os que teñan unha idade igual ou superior a 75 anos.
-
Os maiores de 65 anos se teñen a consideración de persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65 %ou con discapacidade cognitiva, psicosocial, intelectual ou do desenvolvemento cun grao igual ou superior ao 33 %.
-
-
As cotas satisfeitas atribuiranse integramente ao contribuínte que figure como empregador non sendo que se trate de matrimonios en réxime de gananciais, en cuxo caso atribuiranse ao cónxuxes por partes iguais.
-
A aplicación da dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do número de identificación fiscal ou número de identidade de estranxeiro do traballador incluído no Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social que xera o dereito a esta dedución.
Formalización
-
Consignará o importe total das cotizacións satisfeitas tendo en conta que o devandito importe deberá minorarse na contía das axudas concedidas polas Administracións públicas para cubrir o gasto cando as mesmas teñan a consideración de renda exenta.
-
En caso de matrimonio en réxime de gananciais, se só un do cónxuxes figura como empregador no exercicio e ambos os dous cónxuxes cumpren cos requisitos para ter dereito a aplicar a dedución marcará o recadro habilitado con este fin.
-
Se ten unha discapacidade cognitiva, psicosocial, intelectual ou do desenvolvemento cun grao igual ou superior ao 33 %marcará o recadro habilitado con esa fin.
-
Cubrirá o NIF das persoas empregadas.