10.5.7. Por nacemento ou adopción de fillos
Contía
-
Por cada fillo nado ou adoptado no período impositivo, que conviva co contribuínte, poderán deducirse as seguintes cantidades:
-
265 euros, cando se trate do primeiro ou segundo fillo.
-
530 euros, cando se trate do terceiro.
-
796 euros, cando se trate do cuarto.
-
928 euros, cando se trate do quinto ou sucesivos.
-
-
Fillos con discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %
No caso de que o fillo nado ou adoptado teña unha minusvalía física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 65 %, e convivise co contribuínte ininterrompidamente desde o seu nacemento ou adopción ata o final do período impositivo, adicionalmente poderá aplicarse a seguinte dedución:
-
600 euros, cando se trate do primeiro ou segundo fillo que padeza a devandita discapacidade.
-
1.100 euros, cando se trate do terceiro ou posterior fillo que padeza a devandita discapacidade, sempre que sobrevivan os anteriores fillos con discapacidade.
-
Requisitos e condicións
-
A suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro non pode ser superior a 45.500 euros en tributación individual ou a 60.500 euros en tributación conxunta.
-
A determinación do número de orde do fillo nado ou adoptado realizarase atendendo aos fillos que convivan co contribuínte á data de devindicación do imposto computandose tanto os fillos naturais como os adoptivos.
-
Considerarase que conviven co contribuínte, entre outros, os fillos nados ou adoptados que, dependendo do mesmo, estean internados en centros especializados
-
Cando ambos os dous proxenitores ou adoptantes teñan dereito á dedución e non opten pola tributación conxunta, o seu importe ratearase entre eles por partes iguais.
Formalización
Os datos reflectiranse na fila que corresponda segundo o número de orde que represente o fillo nado ou adoptado tendo en conta que o mesmo fillo só debe reflectirse no recadro "Comúns" ou no recadro "Do titular ".
Se durante o ano se producise o nacemento ou adopción de varios fillos, cada un deles reflectirase na fila correspondente ao seu número de orde. Por exemplo, se se produciu o nacemento de dous fillos que son o segundo e o terceiro na fila correspondente a "primeiro ou segundo" reflectirase 1 e na de "terceiro" farase constar tamén 1.
Os datos anteriores reflectiranse no recadro "Comúns" cando en caso de matrimonio os fillos que xeren dereito á dedución sexan de ambos os dous cónxuxes e o número de orde sexa o mesmo para ambos os dous.
Noutro caso ou cando existindo matrimonio optase por unha captura de datos individual os datos reflectiranse no recadro "Do Titular "indicando, adicionalmente, o número de persoas con dereito a aplicar a dedución.
No caso de fillos nados ou adoptados no exercicio cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %relacionaranse, adicionalmente, no apartado específico da xanela.
Os fillos reflectiranse na fila correspondente ao número de orde que represente o fillo nado ou adoptado entre os que teñen o grao de discapacidade esixido e cos mesmos criterios no referente aos recadros "Comúns" e "Do titular "que os mencionados anteriormente.