Saltar ao contido principal
Modelo 100. Declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2024

10.9.6. Para os contribuíntes que queden viúvos

Contía

Os contribuíntes que queden viúvos durante o exercicio poden aplicarse unha dedución de 150 euros.

Esta dedución será aplicable na declaración correspondente ao exercicio en que os contribuíntes queden viúvos e aos dous exercicios inmediatamente posteriores.

Así os contribuíntes que quedaron viúvos no exercicio 2024 poderán aplicar a dedución nos exercicios 2025 e 2026.

De igual forma os contribuíntes que quedaron viúvos nos exercicios 2022 e 2023 poden aplicar esta dedución no exercicio 2024.

Se o contribuínte que queda viúvo ten ao seu cargo un ou máis descendentes con dereito ao mínimo por descendentes, poderá aplicar unha dedución de 300 euros na declaración do exercicio en que quede viúvo, e na dos dous exercicios inmediatamente posteriores, desde que os descendentes manteñan os requisitos para computar para os efectos de aplicar o devandito mínimo.

Formalización

Se conforme ao exposto ten dereito á dedución marcará, segundo cal sexa a súa situación, os recadros correspondentes e, adicionalmente consignará o ano de viuvez.