Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas. Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español

10.2.2 DNI electrónico (DNIE)

O Documento Nacional de Identidade (DNI) é emitido pola Dirección Xeral da Policía (Ministerio do Interior), e acredita  a identidade, os datos persoais que nel aparecen e a nacionalidade española do seu titular.

O  DNIE incorpora un circuíto integrado (chip), capaz de gardar de xeito seguro a información e de procesara internamente.

A súa finalidade:

  • Acreditar electronicamente a identidade da persoa.

  • Asinar dixitalmente documentos electrónicos, outorgandolles unha validez xurídica equivalente á que lles proporciona a sinatura manuscrita.

  • Realizar tramitacións telemáticas.

Para utilizaro cómpre contar cun ordenador persoal e un lector de tarxetas intelixentes. O navegador solicitará o PIN (contrasinal persoal que, unha vez comprobada polo microprocesador incluído no chip, permite o acceso ás funcionalidades dispoñibles no DNI ) e a continuación mostrará o almacén de certificados para elixir o que corresponda (autenticación ou sinatura).

O titular do DNI pode cambiar este contrasinal ou PIN nos Puntos de Actualización do DNI (PAD) existentes nas Oficinas de Expedición do DNI.

Ligazón ao   DNIE