Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas. Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español

3.6.2 Cálculo do rendemento neto

O rendemento neto calcúlase segundo a Orde anual que desenvolve este método, multiplicando os importes fixados para os módulos, polo número de unidades das mesmas empregadas, ou multiplicando o volume total de ingresos polo índice de rendemento neto que corresponda en actividades agrícolas, gandeiras e forestais. A contía deducible por amortización do inmobilizado resulta de aplicar a táboa de amortización da devandita Orde. Se se cumpren os requisitos, minorarase polo exercicio de determinadas actividades económicas.

Cálculo do rendemento neto en actividades agrícolas, gandeiras e forestais:

Para o exercicio 2025 inclúese nesta forma de determinación do rendemento ademais das actividades agrícolas, gandeiras e forestais a actividade de «produción do mexillón en batea».

O cálculo do rendemento de cada actividade será o que resulte de realizar sobre o volume de ingresos as seguintes operacións:

FASE 1

VOLUME TOTAL DE INGRESOS ÍNTEGROS (incluídas subvencións, indemnizacións e axuda PAC pagamento único)

(x) ÍNDICE DE RENDEMENTO NETO

Desde 2023 o índice que hai que aplicar sobre as axudas será o 0,56 cando os ingresos das actividades agrícolas e gandeiras, distintos da axuda, sexan inferiores ao 25 %do total de ingresos. En caso contrario, as axudas acumularanse aos ingresos dos cultivos ou explotacións.

= RENDEMENTO NETO PREVIO

FASE 2

(-) REDUCIÓN POR ADQUISICIÓN DE GASÓLEO AGRÍCOLA: 35 % para actividades agrícolas e gandeiras para IRPF 2022, 2023 e 2024. ESTA REDUCIÓN NON SE APLICA EN 2025.

(-) REDUCIÓN POR ADQUISICIÓN DE FERTILIZANTES: 15 % para actividades agrícolas e gandeiras para IRPF 2022, 2023 e 2024. ESTA REDUCIÓN NON SE APLICA EN 2025.

(-) AMORTIZACIÓN DO INMOBILIZADO MATERIAL E INTANBIGLE (excluídas actividades forestais) (Novidade para o exercicio 2024: posibilidade de aplicar o sistema de liberdade de amortización en determinados vehículos e novas infraestruturas de recarga)

= RENDEMENTO NETO MINORADO

 FASE 3

(x) ÍNDICES CORRECTORES (segundo o tipo de actividade e determinadas circunstancias)

= RENDEMENTO NETO DE MÓDULOS

 FASE 4

(-) REDUCIÓN DE CARÁCTER XERAL: 25 % para a declaración de IRPF do exercicio 2022, 10 % para a declaración de IRPF do exercicio 2023 e 5 % para a declaración de IRPF do exercicio 2024 e 2025

(-) REDUCIÓN 25 % MOZOS AGRICULTORES

(-) REDUCIÓN ESPECIAL PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS NA ILLA DE LA PALMA: 20 % para IRPF 2022, 2023 e 2024. ESTA REDUCIÓN NON SE APLICA EN 2025.

(-) REDUCIÓN POR CONTRIBUÍNTES QUE DESENVOLVAN ACTIVIDADES NOS MUNICIPIOS AFECTADOS POLA DANA ENTRE O 28 DE OUTUBRO E O 4 DE NOVEMBRO DE 2024: 25 % APLICABLE NO IRPF EXERCICIO 2024

Listaxe de municipios afectados pola DANA

(-) GASTOS EXTRAORDINARIOS POR CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS (incendios, inundacións, afundimentos, etc. comunicadas á AEAT en tempo e forma)

= RENDEMENTO NETO DA ACTIVIDADE

 FASE 5

(-) REDUCIÓN RENDAS IRREGULARES: 30 % (rendementos xerados en máis de 2 anos ou obtidos de forma notoriamente irregular)

= RENDEMENTO NETO REDUCIDO DA ACTIVIDADE

Cálculo do rendemento neto no resto de actividades:

Para a determinación do rendemento non se ten en conta o fluxo real de ingresos e gastos, senón que se calcula en función duns datos obxectivos (módulo persoal, superficie do local, mesas, lonxitude de barra, carga do vehículo, quilómetros percorridos...) que  varían segundo a actividade que desenvolvas.

Para o exercicio 2025 exclúese deste xeito de determinación do rendemento a actividade de «produción do mexillón en batea». O cálculo do rendemento para esta actividade a partir de 2025 realízase como nas actividades agrícolas, gandeiras e forestais.

Aínda que realices varias actividades ás que resulte de aplicación este método, o cálculo realízase de forma illada e separada para cada actividade que teña a consideración de independente.

O esquema que hai que seguir para obter o rendemento sería:

FASE 1

UNIDADES DE MÓDULO EMPREGADAS, UTILIZADAS Ou INSTALADAS

(x) RENDEMENTO ANUAL POR UNIDADE DE MÓDULO (antes de amortización)

= RENDEMENTO NETO PREVIO

 FASE 2

MINORACIÓNS:

(-) INCENTIVOS AO EMPREGO

(-) INCENTIVOS AO INVESTIMENTO (amortizacións) (Novidade para o exercicio 2024: posibilidade de aplicar o sistema de liberdade de amortización en determinados vehículos e novas infraestruturas de recarga)

= RENDEMENTO NETO MINORADO

FASE 3

(x) ÍNDICES CORRECTORES (segundo a actividade e determinadas circunstancias)

= RENDEMENTO NETO DE MÓDULOS

FASE 4

(-) REDUCIÓN XERAL DO RENDEMENTO NETO DE MÓDULOS: 15 % para a declaración de IRPF do exercicio 2022, 10 % para a declaración de IRPF do exercicio 2023 e 5 % para a declaración de IRPF do exercicio 2024 e do exercicio 2025

(-) REDUCIÓN ESPECIAL PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN LORCA: 20 %. ESTA REDUCIÓN NON SE APLICA EN 2025

(-) REDUCIÓN ESPECIAL PARA ACTIVIDADES ECONÓMICAS NA ILLA DE LA PALMA: 20 % para IRPF 2022, 2023 e 2024. ESTA REDUCIÓN NON SE APLICA EN 2025

(-) GASTOS EXTRAORDINARIOS POR CIRCUNSTANCIAS EXCEPCIONAIS (Incendios, inundacións, afundimentos, etc. comunicadas á AEAT en tempo e forma)

(+) OUTRAS PERCEPCIÓNS EMPRESARIAIS (Subvencións e determinadas indemnizacións)

= RENDEMENTO NETO DA ACTIVIDADE

FASE 5

(-) REDUCIÓN RENDAS IRREGULARES: 30 % (en xeral, os de xeración superior a 2 anos e, en particular, as establecidas regulamentariamente)

= RENDEMENTO NETO REDUCIDO DA ACTIVIDADE