5.10.1 Obriga de facturar
Os empresarios e profesionais están obrigados a emitir factura polas entregas de bens e prestación de servizos que realicen en desenvolvemento da súa actividade, así como, a conservar copia das mesmas. Tamén se expedirá factura nos pagamentos anticipados, agás nas entregas intracomunitarias de bens exentos.
Determinados empresarios e profesionais poden estar exceptuados da obriga de expedir facturas por algunhas das súas operacións, como é o caso, por exemplo, das operacións exentas de IVE do artigo 20 da Lei do Imposto.