5.5.5 Comezo ou cesamento de actividades no réxime especial
O comerciante que comece unha actividade neste réxime especial deberá liquidar e ingresar a cantidade resultante de aplicar os tipos e recargas vixentes na data de inicio ao valor de adquisición das existencias, IVE excluído, non sendo que se adquirisen a outro comerciante sometido a este réxime especial por unha transmisión do patrimonio empresarial non suxeita ao IVE.
Cando se produza o cesamento na actividade por perda da condición de retallista, o comerciante poderá deducir a cota resultante de aplicar os tipos e recargas vixentes na data de cesamento ao valor de adquisición das existencias, IVE e recargas excluídas.
Se o cesamento se produce pola transmisión non suxeita do patrimonio empresarial a comerciantes non sometidos a este réxime, o adquirente poderá deducir a cota resultante de aplicar os tipos vixentes o día da transmisión ao valor de mercado das existencias.
Nestes casos deberán elaborarse inventarios de existencias comerciais con referencia ao día anterior ao de inicio ou cesamento e presentarse no prazo de 15 días na Delegación ou Administración da Axencia Tributaria do domicilio fiscal ou por vía electrónica a través do procedemento habilitado na Sede electrónica.