Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Herencia xacente (E)

Esixirase documentación probatoria da existencia da herdanza xacente, da relación de herdeiros e das súas porcentaxes de participación.

  1. En caso de sucesión testamentaria, achegarase:
    • Fotocopia do certificado emitido polo Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade.
    • Fotocopia do testamento (debe coincidir co que consta no Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade).
    • Para determinar os herdeiros e a súa cota de participación, haberá que estar á vontade do testador:
    • Se a designación de herdeiros se realiza polo seu nome e apelidos, deberá achegarse fotocopia do DNI ou outro documento que acredite a identidade.
    • Se a designación de herdeiros se realiza de forma xenérica (por exemplo fillo, neto), documento en que se acredite que concorre tal circunstancia.
    • Escrito asinado por todos os herdeiros indicando que non se aceptou a herdanza.
  2. No suposto de sucesión legal intestada, achegarase:
    • Fotocopia do certificado emitido polo Rexistro Xeral de Actos de Última Vontade.
    • Cando os únicos herdeiros abintestatos sexan descendentes, ascendentes ou cónxuxe do finado a declaración de herdeiros obterase mediante acta de notoriedade. No suposto de herdeiros distintos dos anteriores a declaración de herdeiros obterase vía xudicial.
    • Escrito asinado por todos os herdeiros indicando que non se aceptou a herdanza.

En calquera dos casos, ademais, deberase achegar fotocopia do NIF da persoa que firme a declaración censual, e que ten que ser un dos herdeiros, ou o seu representante, en cuxo caso deberán acompañar fotocopia do documento que o acredite.