Unións Temporais de Empresas “UTE” (U)
(Lei 18/1982, do 26 de maio, sobre Réxime Fiscal de Agrupacións e Unións Temporais de Empresas e sociedades de Desenvolvemento Industrial Rexional)
- Orixinal e fotocopia da escritura pública, onde constará, entre outros termos, a denominación ou razón social, que será a dunha , varias ou todas as Empresas membros, seguida da expresión “Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1982”.
- Fotocopia do NIF da persoa que firme a declaración censual, que ten que ser un representante.
- Orixinal e fotocopia do documento que acredite a capacidade de representación de quen sinatura a declaración censual (non cumprirá se figura como tal na escritura de constitución)
Para acollerse ao réxime fiscal especial das Unións Temporais de Empresas, estas entidades deberán inscribirse no Rexistro Especial de Unións Temporais de Empresas adscrito á AEAT, cuxa xestión e mantemento desenvólvese actualmente polas Dependencias de Xestión Tributaria ou Administracións da AEAT.
A inscrición no mencionado Rexistro é de carácter voluntario, polo que non poderá esixirse a súa inscrición como requisito para outorgar o NIF definitivo, aínda que se informará ás non inscritas das características do réxime especial. Tampouco poderá condicionarse a modificación ou baixa dunha Unión Temporal de Empresas á previa inscrición rexistral.