Sociedades civís (J)
(Artigos 1665 e seguintes do Código Civil)
(Lei 27/2014, do 27 de novembro, do Imposto sobre Sociedades)
(Lei 2/2007 do 15 de marzo de sociedades profesionais)
As formas xurídicas incluídas nesta clave de sociedade civil son:
- Sociedade civil con obxecto mercantil
- Sociedade civil sen obxecto mercantil
- Sociedade civil profesional
A documentación que deben achegar é a seguinte:
- Orixinal e fotocopia do contrato privado de constitución, ou escritura pública, en que figure a identificación de todos os socios. A sociedade civil terá que constituírse en escritura pública cando se acheguen a ela bens inmobles ou dereitos reais.
- Fotocopia do NIF da persoa que firme a declaración censual, e que ten que ser un dos socios, ou o seu representante, en cuxo caso deberán acompañar fotocopia do documento que o acredite. Se é o propio interesado o que comparece ante a Administración Tributaria, non será precisa a achega de fotocopia do NIF, sempre que autorice aos órganos da AEAT a efectuar a verificación dos seus datos de identidade.
- Orixinal e fotocopia do documento que acredite a representación de quen sinatura a declaración censual. Non cumprirá, se figura como tal no documento de constitución.
- Liquidación polo Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, nos casos en que proceda.
- No caso de sociedades profesionais que adopten a forma xurídica de sociedade civil, será obrigatoria a súa inscrición no Rexistro Mercantil.