Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Declaración de Modificación

Declaración de modificación

  • Xeral: no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se producisen os feitos que determinan a súa presentación.
  • Inicio de nova actividade que constitúa sector diferenciado, con comezo da realización habitual de entregas de bens ou prestacións de servizos posteriores ao comezo da adquisición de bens ou servizos para o seu desenvolvemento e proposta de porcentaxe provisional de dedución: con anterioridade ao momento en que se inicie a nova actividade.
  • Réxime especial de bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección. Opción pola determinación da base impoñible mediante a marxe de beneficio global: durante o mes de decembro anterior ao inicio do ano natural en que deba producir efecto, entendendose prorrogada a opción, agás renuncia no prazo citado.
  • Renuncia aos réximes especiais simplificados e da agricultura, gandaría e pesca e do réxime especial do criterio de Caixa no IVE : durante o mes de decembro anterior ao ano en que teña que producir efecto, entendendose prorrogada tacitamente para cada un dos anos en que puidesen resultar aplicables os devanditos réximes, agás revogación da renuncia no prazo citado. A renuncia terá efectos durante un período mínimo de tres anos.
  • Solicitude de inscrición ou baixa no Rexistro de devolución mensual: durante o mes de novembro do ano anterior a aquel en que deba prover efectos ou durante o prazo de presentación das autoliquidacións periódicas.
  • Solicitude de alta ou baixa no Rexistro de operadores intracomunitarios: con anterioridade ao momento en que se produzan as circunstancias previstas no apartado 3 do artigo 3 do Regulamento xeral de aplicación dos tributos, aprobado polo Real decreto 1065/2007, do 27 de xullo (BOE 5 de setembro).
  • Proposta da porcentaxe provisional de dedución, para os efectos do artigo 111.dous da Lei do Imposto sobre o Valor Engadido: debe efectuarse ao tempo de presentar a declaración censual pola que debe comunicarse á Administración o inicio da actividade.
  • Opción pro rata especial: Nos supostos de inicio de actividades empresariais e profesionais, e nos de inicio dunha actividade que constitúa un sector diferenciado respecto das que se viñan desenvolvendo con anterioridade, ata a finalización do prazo de presentación da autoliquidación correspondente ao período en que se produza o comezo na realización habitual de entregas de bens e prestacións de servizos.

    No resto de casos a opción pola pro rata especial poderase exercitar na última declaración-liquidación do IVE correspondente a cada ano natural (procedendose en tal caso á regularización das deducións practicadas durante o mesmo).

  • Cambio do período de liquidación no IVE e de declaración das cantidades retidas, a causa do volume de operacións ou en atención á contía do último orzamento aprobado, cando se trate de retenedores ou obrigados a ingresar a conta que teñan a consideración de Administracións públicas, incluída a Seguridade Social: antes do vencemento do prazo para a presentación da primeira declaración periódica afectada pola variación posta en coñecemento da Administración tributaria ou que debese presentarse de non haberse producida a devandita variación.

  • Réxime de estimación obxectiva e modalidade simplificada no réxime de estimación directa no IRPF : a renuncia ao réxime de estimación obxectiva e á modalidade de estimación directa simplificada deberá efectuarse durante o mes de decembro anterior ao inicio do ano natural en que deba producir efecto, entendendose prorrogada tacitamente para cada un dos anos seguintes en que puidesen resultar aplicables os devanditos réximes, non sendo que se revogue a renuncia. A renuncia terá efecto para un período mínimo de tres anos.

  • Opción e renuncia para calcular os pagamentos fraccionados a conta do Imposto sobre Sociedades ou do Imposto sobre a Renda de non Residentes correspondente a establecementos permanentes polo sistema previsto no artigo 40.3 da Lei do Imposto sobre Sociedades: durante o mes de febreiro do ano natural a partir do que deba prover efectos, agás nos supostos en que o período impositivo non coincida co ano natural.

  • Renuncia á aplicación do réxime de consolidación fiscal: no prazo de dous meses contado desde a finalización do último período impositivo da súa aplicación.

  • Opción por tributación en destino no caso de vendas a distancia a outros estados membros, así como a súa revogación: durante o mes de decembro anterior ao ano natural en que teña que producir efecto. No ano de inicio da actividade, a opción deberá efectuarse con anterioridade á realización das devanditas operacións.
  • Opción pola suxeición ao IVE (art. 14 LIVE ): en calquera momento e abarcará como mínimo o tempo que falte por transcorrer do ano en curso e os dous anos naturais seguintes e proverá efectos durante os anos posteriores ata a súa revogación. A revogación poderá exercitarse unha vez transcorrido o período mínimo antes indicado.
  • Adquisición dunha entidade creada coa finalidade específica da súa posterior transmisión: no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á data da formalización da súa transmisión.
  • Deixar de exercer todas as actividades económicas (persoas xurídicas e entidades sen disolución nin extinción, entidades inactivas) no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se producise o cesamento total das citadas actividades.
  • Opción e Renuncia por ingresar as cotas do Imposto á importación liquidada pola Aduana na declaración liquidación correspondente ao período en que se reciba o documento en que conste a liquidación practicada: Con carácter xeral durante o mes de novembro.
  • Comunicación da condición de revendedor de teléfonos móbiles e consolas de videoxogos, ordenadores portátiles e tablets PC dixitais de acordo co artigo 82. Un.2º) LIVE: Con carácter xeral durante o mes de novembro.
  • Opción e Renuncia á leva dos libros rexistro a través da Sede electrónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria establecidas no artigo 68 bis do Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido: Con carácter xeral durante o mes de novembro.
  • Comunicación da alta e baixa do cumprimento da obriga de expedir factura polos destinatarios das operacións ou por terceiros, nos termos do artigo 5.1 do Regulamento polo que se aproban as obrigas de facturación, aprobado polo Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro: antes da subministración de rexistros de facturación correspondente a facturas expedidas polo destinatario ou por un terceiro.