PÁXINA 2A. Identificación
Deberá consignar os datos relativos á persoa física, indicará o seu NIF e os apelidos e o nome da a devandita persoa. Consignarase igualmente o domicilio fiscal en que se sitúe e o domicilio para os efectos de notificacións se é distinto do fiscal.
O recadro A39 “Indicador Ref.. Catastral" (xunto á recadro A30 da "Referencia Catastral"), mostra os seguintes 4 valores nun desdobrable :
- Inmoble situado en España, agás País Vasco ou Navarra.
- Inmoble con referencia catastral situado no País Vasco.
- Inmoble con referencia catastral situado en Navarra.
-
Inmoble sen referencia catastral (pendente de asignación).
É de formalización obrigatoria e:
Se selecciona "1", deberá CONSIGNAR OBRIGATORIAMENTE unha referencia catastral válida no recadro A30.
Se selecciona "2" ou "3", deberá CONSIGNAR OBRIGATORIAMENTE unha referencia catastral foral válido no recadro A30.
Se selecciona "4", NON SERÁ OBRIGATORIO consignar referencia catastral no recadro A30.
Indicarase se a persoa natural é empresario de responsabilidade limitada (ERL) e a data de inscrición ou cancelación como emprendedor de responsabilidade limitada no Rexistro Mercantil. (Recadro A9)
Consignarase o dominio ou enderezo de internet nos recadros A27 e A38.
Datos de teléfonos e enderezos electrónicos para recibir avisos da AEAT, TEA e DGT.
Ao consignar o número de teléfono e / ou o enderezo de correo electrónico, autorízase ao seu uso pola AEAT , TEA ou DGT, ou por todas elas para realizar avisos informativos.