Saltar ao contido principal
Guía práctica para formalización do modelo censual 036

Causas de presentación. Obrigados a declarar

A declaración censual, modelo 036, serve para comunicar á Administración Tributaria determinada información censual, así como tamén para outros fins relacionados coa xestión de diversos impostos.

Neste sentido, sempre que se presente unha declaración censual, deberase consignar na páxina 1 a causa ou causas que motivan a súa presentación, dentro do apartado A) alta, B) modificación ou C) baixa, segundo proceda.

  1. Alta [Modelo 036]
  2. Modificación [Modelo 036]
  3. Baixa [Modelo 036]